sábado, 17 de abril de 2010

DECLARACIÓN UNIVERSAL DO DEREITO A ESCOITAR CONTOS

1.-Todas as nenas e nenos, de cero a cen anos, sen distinción de raza, idioma ou relixion teñen dereito a escoitar os mais fermosos contos, mitos e lendas da tradición oral dos pobos.
2.-Todo ser humano ten pleno dereito a esixir que os seus pais e nais lles conton contos a calquera hora do día. Aqueles pais sorprendidos negándose a contar un conto, comenten grave delito de omisión cultural e autocondenase a que os seus fillos xamais lles volvan pedir outro conto.
3.-Quen non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este o faga con amor e ternura, que é como se contan os contos.
4.-Todas as nenas e nenos teñen dereito a escoitar contos sentados nos xeonllos dos seus avós.
5.-As persoas adultas están na obriga de pór ao alcance das nenas e os nenos todos os libros, contos e poesías de diferentes autores.
6.-Toda persoa ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes creando a sua propia versión. No caso de nenos e nenas moi influidos pola tele, os seus pais e nais están na obriga de descontaminalos conducíndoos polos camiños da imaxinación da man dun bo libro de contos.
7.-As nenas e nenos teñen dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de imaxinativos relatos, propios ou non, longos ou curtos, de ficción ou divulgativos, narrativos ou poéticos. O único obrigatorio é que sexan fermosos e cautivantes.
8.-As nenas e nenos sempre teñen dereito a pedir outro conto e a pedir que lles conten un millón de veces o mesmo conto.
9.-Todas as nenas e nenos do mundo teñen dereito a medrar acompañados das aventuras de Elmer, de Hansel e Gretel, de Tom Sawyer, do lobo feroz e das fadas madriñas, do colorín colorado do final dos contos e do inmortal “había unha vez”, frase máxica que abre as portas da imaxinación hacia os soños máis fermosos da infancia.
CÓNTESE, ESCÓITESE E CÚMPRASE.